Sunday 05 de May de 2024

O Concello limitará as Vivendas de Uso Turísticos aos baixos e primeiros e a edificios completos en aplicación da súa normativa


Celebrada a segunda mesa cos sectores vinculados a este tipo de vivendas para afondar en posibles novas regulaciones

O Goberno municipal celebrou hoxe a segunda das mesas sectoriais organizadas con representantes de entidades vinculadas co sector das vivendas de uso turístico (VUT).

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz, reuniuse con representantes da Federación de Asociacións Veciñais (Luisa Varela), Aviturga (Dulcinea Agustín), Hospeco (Agustín Collazo), Colexio de Administradores de Fincas (Teresa Suárez), Colexio Oficial da Propiedade Inmobiliaria (Patricia Vérez), Asociación de Inquilinos (Verónica Urreaga) e COAG (Ruth Varela), ademais de outros representantes de ditas entidades.

Díaz Gallego deu conta na reunión da normativa xa existente no Concello da Coruña para a regulación das VUT, normativa que non se estaba a aplicar polas limitacións autonómicas neste ámbito, mais que é agora de obrigado cumprimento pola existencia de diversas sentenzas que avalan a capacidade reguladora dos concellos neste sector.

Así, o Concello da Coruña limitará as VUT aos baixos e primeiras plantas e a edificios completos, e só a edificios completos no ámbito Pepri, segundo recollía xa o planeamento en vigor desde o ano 2013.

Na mesa, o concelleiro recolleu as aportacións que lle fixeron chegar desde as entidades de cara a introducir novas regulación no sector. As partes quedaron emplazadas a un novo encontro antes de que finalice o ano, encontro no que cada unha das entidades fará as concrecións que considere de cara á nova normativa.